No día de onte as directivas das E.D. Lourenzá así como do Ensino Lugo estudiaron a viabilidade do equipo de Nacional. A principal noticia a día de hoxe é que se todo marcha según o previsto Lourenzá ten un 80% de posibilidades de estar representada nas Comunidades Autónomas de Cantabria, Asturias, Castela León e Galicia para a vindeira temporada 2013/14. O prazo para depositar o Aval bancario así como a Inscripción do equipo terase que facer antes do 7 de Xullo nun importe ó redor de 3000 euros polo que se están estudiando varias vías de financiación. Ademáis Juan Nécega seguirá levando a batuta do equipo, polo que a partir de agora o seu esforzo estará encamiñado na renovación das xogadoras máis importantes da pasada campaña.
Emma Álvarez quixo agradecer o esforzo de ambas directivas nun proxecto que será o terceiro ano en común, e adiantou que a recepción oficial ó equipo polo ascenso a Nacional será o Vindeiro sábado día 15 de Xuño ás 19,30 no Concello de Lourenzá no que estará toda a Corporación Municipal.
Cata, Paula e Emma con Juan Nécega na sala de trofeos das E.D. Lourenzá. |