24 de abr. de 2013

A proeza dos alevíns e cadetes méteos na fase final provincial!!!

Os equipos cadetes e alevín das escolas de fútbol sala seguen dando guerra. Este pasado sábado ambos alcanzaron as finais comarcais das súas respectivas categorías polo que quedan clasificados para a disputa do Campionato Provincial. Os alevíns de Michael gañaron na semifinal (3-2) ó todopoderoso Burela e perderon na final diante do Santiago de Foz. Os cadetes de Ramiro alcanzaron tamén a final ó vencer ó Xove(3-2) e perderon na final co Burela.
Este sábado comenza xa a súa eliminatoria o equipo alevín, mentres que o cadete iniciará provincial a vindeira semana.
SÁBADO, 27 ABRIL. 12,00 HORAS. PALACIO MUNICIPAL DE DEPORTES.
E.D. LOURENZÁ - FRANCISCANOS (LUGO).
Vamos!!!
Fotos da Semifinal Alevín en:
http://www.23hq.com/edlourenza/album/8023001?page=26
Xoel sacando de banda diante do Burela

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe