A directiva queda formada por Miguel Ángel Gavín Sánchez (Presidente), Fabián Reino López (secretario), Mª Fé Fernández Otero (tesorera), Emilio López González (vocal), Leonor García García (vocal) e José Cuadrado Oural (vocal) e Pura Álvarez Rico(vocal)
O grupo parte xa con un número de 30 socios que se pensa ir ampliando nas próximas xuntanzas. A seguinte está convocada xa para o día 29 de Abril ás 21:00 horas no Salón de Actos do Concello. Todos aqueles que querades participar nesta nova iniciativa saudable podedes asistir á mesma!!!
Agora o principal obxectivo da nova directiva constituida será a de elaborar a programación anual unha vez teña superados todos os trámites administrativos.
Moita sorte nesta nova andaina!!