21 de dec. de 2012

Buscando sorte no... 27760.

Gracias a todos os que colaborastes con nós, as Escolas Deportivas Lourenzá distribuiron dende o mes de Agosto ata hoxe un total de 335 décimos que fan un total de 6700 EUROS do número 27760 que representa á nosa capital co seu código postal.Comunicarvos ademáis que nun principio nas papeletas figura como banco depositario o Banco Caixa Geral, pero tras o seu traslado a Lugo o mes pasado os décimos pasan a estar depositados en Caixa Rural Galega, banco onde se cobrarán as papeletas no caso dun hipotético premio.
Agradecementos tamén para os rapaces máis pequenos das diferente seccións que distribuiron tamén as Rifas da tradicional Cesta de Nadal que se pode ver no Concello.
MOITA SORTE!!!
Décimos depositados en Caixa Rural

Cesta de Nadal en Concello

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe