1 de dec. de 2012

A Previa do Lourenzá-Xove, con entrevista a Suso Martínez; Adestrador que nos visita


1.      Empezando polo pasado, ¿cómo foron os teus comenzos como adestrador de fútbol?
Despois de retirarme como xogador no Xove Lago na tempada 94/95 e logo de duas tempadas adestrando aos xuvenís deste equipo, na tempada 97/98  deronme a oportunidade de adestrar o primeiro equipo en Terceira División Nacional. Logo a o largo dos últimos 15 anos adestrei a Viveiro en duas etapas, ao Foz, Iberia e Cervo e de novo ao Xove Lago na que é a miña cuarta etapa neste clube. 
2.      Dos equipos nos que estiveches, ¿cal te marcou de forma especial?
Os comenzos no Xove Lago en 3ª foron moi especiales, sobretodo cando xogamos a promoción de ascenso a 2ªB na tempada 2000-01, foron momentos inolvidables que é difícil que se volvan a repetir. Tamén sentín un orgullo especial cando tiven a oportunidade de adestrar ó Viveiro C.F., equipo no que me formei e desarrollei toda miña vida como futbolista.
 3.      Falando da liga de 1ª autonómica; ¿qué opinas do nivel dos equipos desta liga?
            Estame a sorprender gratamente. Hay moi bos equipos. Calquera dos 8 ou 9 primeiros con poucos retoques poderían competir en prefrente.
 4.      Seguindo coa liga, O Xove Lago por tradición... debe intentar o Ascenso?
Por nome e estructura de equipo o Xove Lago debería estar cando menos en Rexional Preferente. Pero esta tempada despois do descenso e coa transformación tan grande que sufreu a prantilla (só seguen dous do ano pasado Hugo e Canario), creo que sería precipitado aspirar a recuperar a categoría. De todolos xeitos tal e como están a traballar os xogadores creo que o equipo está indo a mais e que na segunda volta seremos capaces de acercarnos á cabeza da clasificación. Se o ascenso se pon a tiro non vamos a renunciar a el. 
 5.      Se o presidente do Xove Lago che concedera un deseo, ¿Qué lle pedirías?
Luis, e o resto da directiva, están a facer un gran esforzo co equipo, e non creo que deba pedirlles nada. Se acaso pediríalle que no caso de non poder acadar o ascenso este ano que o intente para a temporada próxima con unha pranificación ben feita desde máis cedo que o que se fixo esta tempada
 6.      Da plantilla do Lourenzá, ¿qué xogador levarías para o teu equipo?
            O Lourenzá ten moi bos xogadores, a algún deles tiven a sorte de adestrar noutros equipos ( a Recalde no Xove Lago, a Javi Chinchón, Emérito e Luis Varela no Foz e a Dani Rego e Marcos no Iberia) e non me importaría volver a adestralos, de todos eles teño moi bos recordos e gardolles un cariño especial. Tamén me falaron moi ben de Rubén e de Miguel Angel.
 7.      ¿Cómo describirías á plantilla do Xove Lago? ¿E a do Lourenzá?
Como xa dixen antes o Xove Lago é un equipo en construcción que aínda ten moito marxen de mellora, penso que aínda nos falta traballar moito para que os xogadores podan dar todo o fútbol que levan dentro.
            O Lourenzá está moi ben traballado, ten un bo adestrador e bos xogadores que saben moi ben o que tenen que facer no terreo de xogo. Escomenzaron a tempada con dúbidas pero agora estan a acadar os resultados que se espera deles. Non hai que olvidar que levan 6 victorias nas derradeiras 7 xornadas.
 8.      ¿Qué estilo de xogo intenta levar a cabo o Xove?
Nosoutros intentamos levar a iniciativa no xogo, a nosa filosofía e atacar e  ir en busca do gol, sempre con un gran respeto polo rival que temos diante.   Buscamos un fútbol combinativo, pero tamén sabemos adaptarnos ás circunstancias de cada momento, de cada partido e se o estado do terreo de xogo ou  o rival non nos deixa combinar e facer o noso futbol, tamén temos xogadores que se adaptan perfectamente a un estilo de xogo directo. 
 9.      Se tiveras que definir ó XOVE LAGO como clube, dirías…
            O Xove Lago, a nivel de instalacións, historia, etc. ten estructura suficiente para estar nunha categoría superior, en algún momento volverá a preferente e porque non a intentar voltar a xogar en Terceira. Pero para eso hai que traballar ben unhoss anos con xente xoven e acertar na planificación e nos fichaxes nas próximas tempadas.
 10.  Se tiveras que definir ás E.D. Lourenzá como clube, dirías…
Eu recordo ó Lourenzá dos oitenta con xogadores coma Rego Rey, Uru, Bossa, Otero, Francés, Sachas, tamén tiña un centrocampista moi bo que falecera en accidente de coche e que agora non recordo o nome. Aquel era un gran equipo, pero o de hoxe penso que non nada que envidiarlle e ademáis o traballo de canteira que se fixo nos últimos anos está a dar sus frutos e co traballo que está a facer a directiva se lle pode augurar un futuro moi prometedor.
 11.  ¿Cómo ves ó teu próximo rival, ó Lourenzá?
            Como xa dixen antes o Lurenzá está no seu mellor momento da tempada logo de facer 18 puntos de 21 posibles. É un equipo moi ben traballado por José Manuel e que temos moi claro que vai ser moi difícil de batir no seu campo.
 12.  Predicións de futuro,
-         Un equipo campeón de Liga en 1ª división:      BARCELONA
-         ¿Quen ascenderá a Preferente?                       Espero que nosoutros e despois calquera dos tres primeiros clasificados Milagrosa, Burela e Residencia.
-         ¿Quen descenderá a Segunda Autonómica? Os tres que agora mesmo xa están descolgados van ter moi difícil a permanencia.
-         Un resultado para o Lourenzá – Xove Lago:  Aposto pola victoria do meu equipo con un resultado axustado 1-2
 13.  Citas: (Valen do Xove,je,je…)
Un porteiro de 1ª autonómica:BRUZOS (Alfoz)
Un defensa de 1ª autonómica: ALVARO (Xove Lago)
Un medio de 1ª autonómica: CRISTIAN (Xove Lago)
Un dianteiro de 1ª autonómica: PEDREIRA (Xove Lago)
Un adestrador de 1ª autonómica: Son varios os que debería de destacar pero quedome co traballo que leva facendo MADRILES na Milagrosa nos últimos anos.
Unha afición de 1ª autonómica: A  do XOVE LAGO
A máis complicada”Un árbitro de 1ª autonómica”: JUAN POLO cando quere faino ben.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe