25/04/2017

A sección feminina das Balas de atletismo conquistou a popular de Monforte!!! Triunfo de Manu Rguez. en Asturias (Arenas de Cabrales). Estivemos na Camovi con Carmen e Xana e Aleix, Ainara e Ana no control cadete en Asturias!!!

Monforte Popular:
Pleno total do equipo desprazado a Monforte o pasado domingo.
Título en categoría alevín feminina para Iria Rguez., Título en categoría infantil para Mariña Salvatierra e subcampionato para súa irmá Uxía e título, un máis para Ainara Rguez. en cadete feminino!!!
Arenas de Cabrales:
Ademáis, Manu Rguez. desprazabase a Arenas de Cabrales (Asturias) onde se impoñía na categoría
infantil masculina dando nota do seu bo momento de forma.
Camovi:
Dúas intrépidas xuvenís formaron parte da Camovi. Xana Rguez. tivo que abandonar por lesión e Carmen López Diniz lograba un 15ª posto absoluto a pesar de ser todavía xuvenil con un tempo de 3 horas e 14 minutos.
Control Cadete Asturias:
Aleix Díaz en 300 e 100, Ainara Rguez. en 600 e Ana Vallines en 1000 realizaron un gran control mellorando as súas marcas da temporada ó aire libre en Oviedo e Xixón respectivamente.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe