11 de set. de 2012

En marcha unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia: III Val das Fabas 2012


III CARREIRA POPULAR “VAL DAS FABAS”.-
SÁBADO, 6 DE OUTUBRO DE 2012. Lourenzá (Lugo)

ORGANIZACIÓN

-         ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOURENZÁ (LUGO)
-          CONCELLO DE LOURENZÁ (LUGO)


PATROCINIO
A: PATROCINADORES OFICIALES:

-         CONSTRUCCIONES AUGACONS
-         PANADERÍA NELI
-         CONSTRUCCIONES EMÉRITO CABALEIRO

COLABORADORES:

-         SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE XUNTA DE GALICIA
-         EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
-         FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
-         FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
-         COCA COLA

REGULAMENTO
1.- Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais que o desexen, non se autorizará a participacion de atletas federados extranxeiros agas os portugueses que non houberan sido internacionais co seu pais. As distancias son orientativas non homologadas.
2.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 18 horas do día 3 de outubro de 2012
3.- As inscricións poderanse facer por correo electrónico a dirección
escolaslourenza@gmail.com ou no nº de fax 982122015 nas inscricións deberan figurar o NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, Nº de LICENZA e CLUBE ou COLEXIO, se é o caso.
En casos excepcionaís poderase facer ata 60 minutos antes do inicio da proba.
As inscricións dos cativos que corran dentro do casco urbán, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, no propio escenario da carreira e non será preciso facelas por ningún outro medio.
4.-A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin na Praza Conde Santo.
5.- Tódolos participantes terán asignado un dorsal, e que irá situado no peito e terá que ser visible no desenrolo da proba.
6.-Dado que os participantes coinciden en hora e circuíto faráse un control de paso en diferentes puntos do circuito A organización establecerá controis durante o transcurso da proba polos calesterán que pasar os participantes para non ser descalificados.
7.- O peche do control será 30 minutos despois de que entre o 1º clasificado en meta.
8.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
9.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
11.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.

12- PREMIOS
- Haberá trofeo para o primeiro clasificado e medalla para o segundo e o terceiro clasificados de categoría Senior.
- Nas carreiras de Veteranos, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín e Pitufos entregaranse medallas para os 3 primeiros clasificados.
- Obsequiarase cunha camisetas ós 150 primeiros que cheguen a meta.
- Premio de 100 Euros en material deportivo ós ganadores absolutos masculino e feminino

13- HORARIO-DISTANCIA E CATEGORÍAS CIRCUITO
O circuíto consta de unha distancia de 3155 m., case totalmente chairo, que transcorrerá polas seguintes rúas:
SAIDA: PRAZA CONDE SANTO – PASEO FLUVIAL URBÁN RÍO BAOS  – RECEMIL(URBÁN) - PRAZA CONDE SANTO (META).(2 VOLTAS)
A META estará situada dentro da PRAZA .

16.30H PITUFOS MASC.E FEM 2006 EN ADIANTE 150 M Praza
16.40H BENXAMÍN (05/04) E ALEVÍN (03/02) 500 M. Casco Urbán
17.00H INFANTIL (00/01) 1000 M. Casco Urbán
17,30H ABSOLUTO, VETERANOS, XUVENIL, CADETE. 6310 M. Circuito Urbán.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe