25 de set. de 2012

A XVII Edición das Escolas preséntase este xoves!!!

Este vindeiro xoves día 27 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá; preséntase unha nova temporada para os rapaces máis pequenos. Ofértase Fútbol Sala, Fútbol - 11, Fútbol - 8, Baloncesto, Atletismo, Campo a Través, Bádminton e Patinaxe Artístico. O prazo de entrega das inscripcións remata mañá mércores, aínda que ata o momento da presentación podremos ter cambios en función dos horarios dos adestramentos.
Tamén este vindeiro xoves coñeceremos ós monitores que traballarán de voluntarios en todas as disciplinas!!!
Recordade que para adultos tamén temos as instalacións do Ximnasio Municipal, que ofertan Ximnasia de Mantemento, Actividades Motrices, Musculación, Sauna....

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe