6 de out. de 2011

Comenzan os xuvenís a temporada este vindeiro sábado: LOURENZÁ - XOVE LAGO

Este vindeiro sábado bota a rodar o balón para o equipo xuvenil. Nace un equipo renovado coa intención de facer unha boa temporada e de formar xogadores para o primeiro equipo. O primeiro rival este vindeiro sábado, o Xove Lago, que visita Lourenzá despois de gañar 2-1 na primeira xornada de liga ó Ribadeo.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe