Chegan boas noticias para o plantel do primeiro equipo do clube.
Diego Rego acaba de renovar para a vindeira campaña coa ilusión do proxecto de Primeira Autonómica e xa se está traballando para perfilar un plantel de garantías. Diego Rego chegara ó primeiro equipo na tempada 2017/18 substituindo a Edu Mariño e na súa segunda tempada logrou o ascenso de categoría.
Formados na nosa canteira e xogando o último ano no Villalbés de División Nacional xuvenil regresan Paulo Glez. e José Antonio Fernández. Paulo xoga no medio campo e Jose pode facelo na posición de lateral ou central. Dous xogadores que imprimirán carácter, xuventude e moita calidade.
Formado tamén na nosa canteira regresa Álvaro Lorigados, que pasou por diferentes equipos como Alfoz e o último ano en Cabreiros e que pode xogar como lateral ou extremo.
Ademáis rematan a súa etapa no xuvenil os irmáns Luís e Manu Santamarina, dous xogadores ofensivos que xa tiveron moitos minutos a pasada tempada no 1º equipo e que serán un reforzo importante para o plantel. Xunto a eles tamén se compremeteu Miguel Hermida, aínda que aínda en edade xuvenil alternará o seu rol en ambos conxuntos.
Para reforzar o apartado técnico, Michael Sante tamén se sumou ó proxecto para a vindeira campaña; na que fará de segundo adestrador do 1º equipo e dirixirá ó equipo cadete.
Estes vindeiros días Diego Rego e a secretaría do clube centraranse na renovación da base do plantel que nos deu o ascenso de categoría. En principio e de momento a única baixa será a de Carri, que deixa a práctica do fútbol.