Fai un momento acabamos de presentar tres novas incorporacións que apuntalan un bloque competitivo para este novo curso do regreso á primeira. Estiveron dándolles a benvida o noso presi Pablo Maseda, o secretario técnico do equipo Oscar Glez., o directivo Juan López actuando tamén como o principal patrocinador do equipo Construcciones Augacons e os nosos adestradores Diego Rego e Michael Sante.
Iago Cruña, procede do Viveiro xuvenil e formouse ata cadetes no Foz, logo militou no Viveiro cadete en liga galega, Burela xuvenil dous anos e o terceiro ano en Liga Galega de novo en Viveiro.
Iago é un xogador de ataque moi polivalente, xa que pode actuar de dianteiro, interior ou no medio campo.
Alex Fernández formouse ata xuvenil no Foz, logo dun ano no Celta Barreiros estivo as últimas 5 tempadas no Iberia; onde se fixo coa banda esquerda actuando como lateral.
Joseinho De La Vega regresa a Anfield Cruz, lugar onde formou nas Escolas aínda que nos últimos anos estivo no veciño Mondoñedo traballando como dianteiro.
O proxecto toma forma!!! Moita sorte ós tres nesta nova andaina que se presenta ilusionante!!!