17 de nov. de 2018

#onosoderbi, o derbi da concordia e do exemplo para tod@s; visto polos Presidentes!!!


O noso derbi. O derbi visto polos Presidentes!!!
Manolo Barreira (Presidente do Mondoñedo Fc):
“No plano deportivo espero unha vitoria nosa, aínda que o Lourenzá está en racha, pero penso que este ano as plantillas están bastante igualadas”
“Espero moita xente no campo, co sarcasmo de costume, pero sempre dentro da cordialidade, como os demáis anos, somos exemplo no traballo en conxunto e tamén na convocatoria de aficionados a un partido de segunda rexional”

Pablo Maseda (Presidente das E.D. Lourenzá):
“Deportivamente vamos a  enfrentarnos a un gran clube que se reforzou moito. Para min un dos equipos que pode estar ahí arriba ó final da temporada”
“Gustaríame que fose un partido para que disfruten as duas aficións. Dar un exemplo de comportamento dentro e fora do campo cada un animando ó seu equipo como foi sempre”
“Como clubs que colaboramos en categorias inferiores con equipos vinculados desde hai anos desexarlle o mellor ó Mondoñedo lóxicamente despois deste partido.  Animamos ademáis a todos os socios e  a toda a afición a que acuda hoxe en masa a Santa Cruz. O encontró non defraudará.”



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe