22 de nov. de 2018

Con todos vós... O protagonista do deporte laurentino da semana: MANU SANTAMARINA, en directo

A pregunta obrigada, qué se sinte despois deste gol?
Moita satisfación por marcar neste partido tan importante para o clube e para o pobo sendo ti o que decide ese partido... unha sensación incríble.

Cómo foi a semana?
Foi unha semana normal, como outra calquera, a excepción das bromas dos compañeiros e felicitacións que recibín.

A quen llo dedicas?
Os amigos, coma sempre, dixéronme que si marcaba que llelo tiña que dedicar, pero despois de marcar, o gol dedícollo a miña nai, por ser unha persoa importantísima para min.

Qué che pareceu o ambiente no campo, as previas, o post partido, esta semana despois do gol?
Era o meu segundo derbi, o primeiro deles apenas xoguei, entonces non estaba nada nervioso, pero este derbi era especial, na casa, ante moitísima xente, estaba moi nervioso e impaciente por xogar. O post partido foi increíble, xa que era o “xogador do partido”, estaba moi contento e moi nervioso.

Cómo se sinte un xuvenil nun equipo de rexional, qué tal o vestiario?
Nun equipo como o Lourenzá, no que prácticamente todos somos do pobo, un síntese coma na casa, todos te apoian e conseguen que des o mellor de ti, tanto nos partidos, coma nos adestramentos ou incluso fóra do campo, somos unha familia.

Qué che dixo o míster antes de entrar no partido?
Que iba a entrar na banda esquerda, que tiña que encarar a Rosendo, xa que tiña amarilla e que xogara como sei, que me atrevese a facer regates.

Citas deportivas.-
1.                 Un xogador rival: Manuel Pardo(ex compañeiro e porteiro do Mondoñedo) xa que é un bo amigo 
2.                 Un compañeiro de equipo: Jorge, sempre me gustou como xogaba, tanto pola súa posición como polo seu sacrificio polo equipo 
3.                 Un adestrador: Brenan, estivo con nós dende muy pequenos e máis que un adestrador é un irmán maior
4.                 Un clube: o Real Madrid
5.                 Se o clube cho pedira estarías disposto a posar desnudo para un calendario?: Non, teño moita vergonza
6.                 Unha posición ó final da temporada na liga de 2ª autonomica: por un lado gustaríame que quedáramos primeiros pero creo que o equipo non está preparado para o ascenso
Qué farías se foras…
                   Dios?: facer un mundo perfecto
                   O presidente do teu club: sinceramente non sei que se pode facer para mellorar o club
          Famoso?: donar moito diñeiro a facer obras públicas en Lourenzá
                   Do sexo oposto?: intentar demostrar que o fútbol non é solo cousa de homes
                   Árbitro? Ser árbitro é muy complicado, creo que non podría facer nada
Preguntas personais.-
  ¿Podes contar as túas relacións amorosas serias cunha man?si
  ¿Alguen do sexo oposto díxoche últimamente que te extrañou?: si
  ¿Qué farás o sábado próximo?ir á cea das escolas
  ¿A última canción que escoitaches?Dracukeo
  ¿É fácil facer que te molestes?creo que si
  ¿En qué pensas neste momento?no examen de mañá
  O que máis che gusta comprarroupa(si a paga miña nai)
  ¿A última cousa que comiches?: ovos con salchichas
  ¿Imaxina que bebiches 4 vasos de alcohol, que estás facendo agora?: algunha parvada fixo
  ¿Tes algunha mascota?si
  ¿A última cousa á que lle tomaches unha fotografía?a unha amiga
  ¿Se o ano só tivera duas estacións, cales elexirías?: verán e inverno
  ¿Qué foi o último que soñaches?repetir o gol noutro partido especial
¿Cantas horas podes pasar sen tocar o móbil? o que dura o horario escolar, senon moi pouco tempo

Favoritos
                   Show de TV: Boom
                   Película: Ahora me ves 2
                   Cor: Laranxa
                   Actor: Johnny Deep
                   Actriz: Emma Watson
                   Sabor de helado: Chocolate
                   Bebida: Coca-cola
                   Comida: Filete de ternera
                   Número: 8
                   Animal: Can
                   Día da semana: Sábado
                   Obxeto da túa habitación: Retrato de Cristiano Ronaldo
                   Flor: Rosa
                   Nome de home: Manuel
                   Nome de muller: Valentina
Manu no centro da imaxe ó lado de seu irmán Luís

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe