22 de ago. de 2018

Proxecto de Basket Terras de Mariña Lourenzá presentado!!! Vamos!!!

Presentouse no día de hoxe o Terras da Mariña Lourenzá para a tempada 2018/2019. Os equipos mini, infantil e cadete levarán o nome un ano máis do patrocinador Terras da Mariña Lourenzá Sociedad Cooperativa Galega. No acto estivo unha vez máis a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente D. Pablo Maseda; así como Dª. Alba Rodil, D. Manuel Varela e D. José Cuadrado; representando ó Terras da Mariña.
Ó frente dos equipo Mini e Cadete estará Mariano de la Torre e o infantil será dirixido pola exxogadora de Nacional das Escolas Laura Fernández.
Iniciamos así un novo proxecto onde os equipos non están pechados.
Todas as rapazas que naceron entre os anos 2008 e 2003 aínda están a tempo de incorporarse ós equipos, que comenzarán a adestrar o vindeiro martes 2 de setembro!!!
O equipo mini competirá en deporte escolar mentres que o infantil e cadete sairán en Liga Provincial federada.
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe