Presentamos no día de onte os equipos de fútbol e fútbol sala para a tempada 2018/2019: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil
No acto estivo presente a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presidente do clube D. Pablo Maseda así como os adestradores que formarán parte deste novo proxecto: Rubén G. Piñeiroa á fronte do benxamín, Eduardo Reigosa e Michael Sante co alevín e infantil, Adrián Huertas co fútbol cadete e Diego Rego no equipo xuvenil.
Este ano seguimos tendo o convenio co Mondoñedo Fc polo que os equipos benxamín e alevín estarán baixo o auspicio da entidade mindoniense e o infantil, cadete e xuvenil da nosa.
En breve tamén informaremos dos patrocinios para este novo ano.
Logo da foto oficial, os rapaces escoitaron atentos os mensaxes de ánimo da nosa alcaldesa e logo os adestradores marcaron cos rapaces as directrices para esta nova tempada.
Os equipos benxamín, alevín e infantil prácticamente están pechados e sí esperamos algunha incorporación máis no cadete e xuvenil.
Moita sorte!!! Vamos!!! Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!