Con 49 ptos. o Maderas Barcia Lourenzá infantil feminio lograba o Subcampionato por quipos do Memorial Alejandro Lorenzo de Cros, só cedendo a 1ª praza a Ourense Atletismo (49 ptos.) e a C.A. A Estrada(52 ptos).
As guerrerias infantís foron: Carme Alonso (6ª), Mariña Salvatierra(12ª), Uxía Salvatierra (18ª) e Marta Alonso (34ª).
Na categoría infantil masculino un sensacional Manu Rguez. entraba en 5ª posición despois de realizar unha carreira moi intelixente.
E despois dos infantís comenzaba o Cto. Autonómico cadete e xuvenil, no que tampouco podíamos faltar, aínda que con diferente sorte.
Na proba cadete feminina partíamos coa mellor baza de Ainara Rodríguez, que remataba a proba na 26ª posición despois de non encontrarse ben durante a disputa da mesma en ningún momento. Competiron ademáis para o equipo Ainhoa López (54ª), Claudia Graña (71ª) e Alba Alonso (74ª). Non estivo a 5ª bala Ana Vallines que causou baixa por lesión. A pesar de todas as inclemencias, o equipo loitou ata o final e sirviulle de preparación para o vindeiro campionato provincial escolar.
E xa para rematar tamén tivemos representación na proba xuvenil con Pablo Irimia (38ª) e Cristian Piñeiro (44º).