11 de feb. de 2017

Henar Méndez gana o prestixioso LV Trofeo Joaquín Romero na Malata(Ferrol) de Campo a Través. Seu irmán Ian subcampión en alevín Masculino

En terras ferroláns volaban Henar e Ian para subirse unha vez máis ó caixón nesta ocasión no Memorial Joaquín Romero da cidade departamental.
Henar Méndez ganaba a categoría benxamín sobre unha distancia de 500 metros parando o crono en 3,01. Acompañaban a Henar no pódium duas atletas do Atletismo Narón.
E xa na categoría alevín Ian percorría os 1400 metros con un tempo de  5,17 alcanzando o subcampionato por detrás dun atleta do Ría Ferrol.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe