28 de dec. de 2016

Mauro Silva incorporarase ó organigrama técnico das Ed Lourenzá na Vindeira Temporada!!!

Debido ó gran incremento de xogadores da sección de fútbol das Escolas con equipos dende a categoría pitufos, prebenxamín... ata o primeiro equipo; a directiva das Escolas pechou no día de onte a incorporación do que no seu día foi internacional e campión do mundo con Brasil e mediocentro do Deportivo Mauro Silva; que se encargará de supervisar e orientar a todos os adestradores do clube na parcela técnica e deportiva; influindo moito na educación en valores.
Mauro, que vive actualmente na Coruña, aceptou este reto moi ilusionado e viaxará 2 días á semana a Lourenzá para supervisar os adestramentos das categorías menores do clube. A pretemporada comenzará, por tanto, no mes de xullo.
Unha gran noticia!!! Noraboa a todos!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe