O Maderas Barcia Lourenzá de atletismo segue omnipresente este Nadal. Mariña Salvatierra proclamabase no día de hoxe subcampiona do Trofeo do Diario de Pontevedra na cidade do Lérez con un tempo de 3,28 nos 1000 lisos en categoría infantil. Sua irmá Uxía facía tamén 3,30 obtendo a 4ª posición.
Ambas participaron tamén no salto de lonxitude, con marca para Uxía de 3,05 e para Mariña de 3,00.