Nova xesta histórica da Atleta do Maderas Barcia Lourenzá Lidia Barreira no día de onte na cita autonómica Cadete celebrada en Ferrol. Medalla de bronce no Triple salto logo dun mellor salto de 10,15. Por diante dela, 1ª a atleta do Barbanza Angela Rguez.(10,47) e segunda Natalia Vilariño(10,21). Ademáis Lidia participaba na final de lonxitude con 4,50(7ª) e remataba a xornada con un 8º posto en altura(1,37).
No Cto. Galego participou ademáis a atleta Claudia Graña que ocupaba a 5ª posición dos 100 valados con un tempo de 18,87.