En categoría benxamín, triunfo incontestable dunha gran Iria Rguez. que non daba opcións nunha carreira que dominou de principio a fin.
En infantil feminino, segunda posición para unha Ainara Rguez. acostumada ós podiums.
Ademáis desprazaronse a Friol Cecilia Gómez, Marta Alonso e Carme Alonso que ocuparon tamén as posicións dianteiras da proba pero sen subir ó caixón.
O vindeiro fin de semana turno o sábado 4 para os atletas que sexan admitidos no Galego Cadete en Ferrol mentres que o domingo 5 turno para os xuvenís no galego en Vigo. O resto da expedición laurentina estará en Sante(Trabada) o sábado 4 para participar nunha nova proba popular.