14 de abr. de 2016

Un día para que chegue ás nosas mans o ÁLBUM OFICIAL DAS ESCOLAS LOURENZÁ!!!

Mañá venres, ás 20 horas; presentarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a colección de cromos onde saen preto de 260 deportistas das Escolas. O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá Rocío López así como polo Presidente das Escolas Pablo Maseda. Ademáis  estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc,  Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 voltas ciclismo así como os patrocinadores da entidade. 
Esta colección coincide como un dos actos estrela do 20 aniversario do clube fundado en 1996, polo que estarán tamén os presidentes das etapas anteriores. Está composta por preto de 350 cromos a toda cor, retrata a xogadores, directiva e corpo técnico de todos os equipos e categorías.
Ter o propio álbum de cromos era un luxo que, ata fai moi pouco, só os clubes de fútbol de Primera División podían permitirse. A partir do venres ás 20 horas Lourenzá terá o seu propio álbum de cromos da temporada 2015-2016. A colección inclúe instantáneas de xogadores, técnicos, equipos e directivos que integran as Escolas, ademáis dun breve repaso á historia da institución nas verbas dos seus presidentes e fundadores.
En tres librerías estará a colección: Josgua en Lourenzá, Papelbytes en Mondoñedo e Folder en Ribadeo.
Todos os Alumn@s que acudan á presentación recibirán un álbum de regalo así como un sobre de cromos. 
NORABOA A TODOS E MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe