Fantástica actuación de novo dos atletas das Escolas Lourenzá que debutaban participando este pasado domingo no duatlón de Viveiro; nunha proba que alternaban carreira, bici e de novo carreira.
Carmen López Diniz vencía na categoría xuvenil feminina con absoluta autoridade mentres o seu compañeiro Genito Pérez Goás remataba sucampión na categoría xuvenil masculina. Actuación sobresaínte tamén de Valeria Álvarez cun bronce na categoría alevín.
Ademáis, Nicolás Álvarez (5º) e Samuel Debasa(12º) competían na categoría infantil.
Noraboa de novo a toda a sección de atletismo do Maderas Barcia Lourenzá porque sempre son capaces de sorprendernos!!!! Grandes!!!
|
A expedición diante do vehículo oficial con fabito atento!!! |
|
Genito no debut do duatlon no podium xuvenil |
|
Carmen López Diniz, campiona en Xuvenil feminino |
|
Valeria Álvarez subía ó caixón na alevín feminina. |