O pasado sábado tres representantes das Escolas Lourenzá acudían ás pistas de Atletismo de Narón para a disputa do seu trofeo. Unha excepcional
Ainara Rguez. impoñíase na carreira absoluta de 3000 m. lisos con atletas cadetes e xuvenís con unha marca de 11,27,02 e facía tamén o doblete coa victoria nos 60 lisos infantil con un tempo de 8,72.
Aleix Díaz lograba tamén o doblete en 500 e 60. Marca estratosférica en 500 polas alturas da temporada nas que estamos con un 1,22,41 e victoria tamén nos 60 con 8,74.
Participaba tamén Brais Díaz con un 10º posto en 500 alevín con unha marca de 1,42,43.
Tamén nos representaba Ana Vallines o domingo en Asturias na 37ª Cros Popular Villa de Gijón, logrando o subcampionato na categoría infantil nesta prestixiosa proba.
|
Ainara e Aleix na zona de quencemento |
|
Aleix campión dos 60 lisos |
|
Ainara no pódium de 3000 |
|
Ana Vallines no prestixioso Cros Villa de Gijón |