Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.
En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.
E de 7 a 11 anos vencía por enésima vez no ano a intratable Ainara Rguez. conquistando un ano máis o título nesta carreira.
Participaron tamén na carreira de menores Ian Méndez, Xabi Sordo, Amina Bouyzar, Diana Lastra, Iria Rguez, Carmen García, Cecilia Gómez, Emma García, Noa Valiña, Samuel Debasa, Nicolás Álvarez, Hiba Bouyzar e Valeria Álvarez.
Na dos adultos tomaron parte cunhos grandes resultados entrando entre os 100 primeiros da xeral Pablo Irimia, Luís López, Ainhoa López, Carmen Diniz, Arabela Martínez e Andrea Cancio.
Equipo desprazado a Lugo |
Ainara recibía as felicitacións como campiona feminina |
Henar Méndez e Sheila López no máis alto do pódium benxamín |