O sábado participamos na Carreira dos 12 pontes de Vegadeo; e a pesar de non ser competitiva as nosas balas colmaron as primeiras posicións de todas as categorías.
Ademáis o sábado estivemos presentes na Popular de Viveiro. Henar Méndez triunfaba en prebenxamín feminino, Ian Méndez 2º en alevín masculino e Carme Alonso 3ª en infantil feminino. Cecilia Gómez e Marta Alonso, 4º posto en alevín infantil feminino respectivamente.
E o domingo volamos a Ferrol para disputar a prestixiosa 3ª Popular contra o Cancro con máis de 2000 atletas en parrilla.
Ainara Rguez. gañaba os 1000 con un tempo de 3,41con absoluta comodidade a proba infantil. Triunfo ademáis para Iria Rguez. nos 500m. con 2,07 en benxamín. Competiron tamén en alevín Carmen García(6ª) e Ian Méndez(7º) e en benxamín Henar Méndez(4ª) e Emma García(8ª).
Equipo triunfador na Popular de Viveiro |
Ainara Rguez. impoñendo a súa calidade polas céntricas rúas de Ferrol |
Iria Rguez. no alto do pódium benxamín |