12 de out. de 2015

MARISA ARES gana a subida a COMADO NOS 4,5 + MEDIA VERTICAL. Pódium tamén para Begoña Iglesias. Marcos Rguez. e Loli Piñeiro no pódium dos 21 kms. Trail!!! Enormes!!!

"Gran participación do noso clube de atletismo na "subida a Comado" con representación masculina e femenina tanto nos 21 km como nos 4,5 km+1/2km vertical.
Participación no 4,5 Km +1/2 vertical: RUBEN GARCIA, LUIS GRAÑA, MARISA ARES, BEGOÑA IGLESIAS, MOHAMED BOUYZAR, JOSE GAVIN E KARINA ALVAREZ.
Participación nos 21km: MARCOS RODRIGUEZ, PACHI SORDO e LOLI RODRIGUEZ.
E cas nosas rapazas conseguimos tres trofeos na carreira corta:
MARISA: Primeira muller que entraba en meta conseguindo o primeiro trofeo para o clube, ademais de o primeiro posto como veterana A. Detrás dela sería a sua compañeira BEGOÑA a segunda en atravesar a liña de meta conseguindo así o segundo posto como veterana.
Ademáis dunha gran actuación de Karina nesta proba, a sua primeira de montaña.
Na proba de 21km outros dous trofeos para o clube grazas a MARCOS que entrando cuarto da xeral se convertía no segundo veterano A en entrar en meta mentras LOLI tamen entraba segunda das mulleres e acadaba o segundo posto como veterana A.
Unha mención moi especial para todos os compañeiros que, ainda sen subir o podium, fixeron esta dura carreira como verdadeiros campeons. Felicitacions: Ruben, Graña, Pachi, Mohamed, Gavin e Karina. Grazas Paco por acompañarnos.
E felicitacions para os organizadores desta "SUBIDA A COMADO" na que se pudo comprobar a cada paso o enorme traballo feito. Cando algo gusta e fácil que salga ben."
"Ademáis, onte tamén o noso clube de atletismo tivo representación na carreira popular nocturna celebrada en Olmedo (Valladolid). A nosa compañeira BEGOÑA TORREGO non escatimou tempo nin forza para levar o nome do noso clube ata terras castelás."
NORABOA, GRANDES!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe