26 de out. de 2015

Ainara e Iria Rguez. imponen a súa lei na Popular do Corgo mentres Hiba Bouyzar triunfa en Xove.!!! Un Maderas Barcia OMNIPRESENTE!!!

Omnipresentes estiveron os atletas das Escolas Lourenzá  Maderas Barcia durante o fin de semana, a pesar de aprazarse a proba dos "12 puentes de Vegadeo".
Na Popular do Corgo; na categoría Infantil Feminino unha espectacular Ainara Rguez. sumaba unha victoria máis na temporada con un tempo de 6,38. Claudia Graña alcanzaba o posto 9º nesta categoría.
En Benxamín Feminino a pequena dos Rugez. Ares, Iria  impoñía a súa lei ganando a proba con un tempo de 1,07; mentres o seu compañeiro na categoría masculina Ian Méndez subía ó podium como 3º clasificado.
Por último, Henar Méndez lograba a plata en Prebenxamín Feminino.
Na Solidaria de Xove, Hiba Bouyzar vencía e subía ó podium na categoría Alevín Feminina mentres Amina era bronce tamén en Prebenxamín Feminino.
Na Prestixiosa Pedestre de Santiago Rosalía Rguez. entraba entre as 10 primeiras da categoría Xuvenil Feminino(9º posto con un tempo de 34,01 en 7 kms.) mentres que a infantil Ana Vallines era 11ª nos 7 kms. con un tempo de 35,32.
AINARA RGUEZ, CAMPIONA INFANTIL O CORGO 2015 2016
IRIA RGUEZ., CAMPIONA BENXAMÍN O CORGO 2015 2016
HIBA BOUYZAR, CAMPIONA ALEVÍN XOVE 2014 2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe