24 de xul. de 2015

O Augacons Lourenzá 2015 2016 xa suda en Anfield Cruz!!!

Sta. Cruz acolleu onte xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola segunda. Estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.
Logo da foto da plantilla e do corpo técnico tivo lugar a fotografía coa nova directiva que formará parte deste novo proxecto; que supón esta temporada o 20 aniversario do clube Escolas Deportivas Lourenzá. 
O equipo comenzou xa onte a sudar co seu primeiro adestramento e logo disfrutou coa nova directiva dunha cea de confraternidade.
PLANTILLA TEMPORADA 2015 - 2016
PARTE DA NOVA DIRECTIVA COA ALCALDESA ROCÍO LÓPEZ

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe