22 de xul. de 2015

O Augacons Lourenzá 2015 2016, A PUNTO!!! Presentación mañá Xoves, ás 20:30 horas!!! Municipal Sta. Cruz!!!

Sta. Cruz acolle mañá xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola 2ª autonómica. Ás 20:30 horas está convocado o plantel do primeiro equipo así como o corpo técnico do mesmo. Asistirán a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.
En canto á plantilla, son baixa con respecto á temporada pasada Carro, Chicho, Fran, Omar e Martín. Continúan no mesmo os porteiros Bugui e Manu; así como os xogadores de campo Pichi, Lucas, Garrafín, Felipe, Diego López, Jorge, Alberto, Javi Chinchón, Dani Neira, Iván Recalde, Noé Recalde, Dani Rego, Roi, Manu, Moncho, Chinco e Carri; ademáis das incorporacións conocidas de Diego Rego, Isaac e Foro. A plantilla non se dá por pechada e aínda se espera algunha incorporación de última hora.
Ademáis mañá terá lugar a renovación do convenio co Patrocinador do 1º equipo Augacons, que levará o nome do equipo unha temporada máis.   

Iván Recalde conducindo nun partido da pasada temporada

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe