O pasado sábado os atletas de
categoría cadete desprazábanse a Pontevedra para participar no Centro Galego de
Tecnificación Deportiva no Cto. Galego de Categoría Cadete.
A atleta mindoniense Nerea
Bajatierra lograba o subcampeonato galego en peso cun mellor lanzamento de
10,09; a 40 cms. do ouro e o que é o mesmo, a 40 cms. de participar no Cto. De
España por Autonomías (pois estarán os
gañadores de cada proba representando á Selección Galega). Nerea completa así
un fantástico ano no que tamén acadou no mes de febreiro o subcampionato galego
de pista cuberta.
Ademáis,
participaron os seguintes atletas:
Lidia
Barreira. 4ª en altura com 1,40; 10ª en lonxitude con 4,12 e 4ª en triple salto
com um mellor salto de 9,87
Xana
Rguez. 8ª en 300
valados con un tempo de 53,45
Luís López. 8º en 1500 obstáculos con
un mellor rexistro de 5,27,87
Pablo Irimia: 9º en 1500 obstáculos
con unha marca de 5,31,01