8 de ago. de 2014

O Futuro!!!. Os equipos INFANTIL e CADETE, Presentados!!!

No día de onte presentáronse os equipos de futbol Infantil e Cadete que competirán esta tempada baixo as siglas das E.D. Lourenzá Mondoñedo en Liga Provincial.
Tamén coñecimos ós que serán os seus adestradores. Michael Sante adestrará ó equipo de fútbol Infantil mentres que Brenan Rivas farase cargo do equipo cadete, que causa alta na liga despois de varias campañas nos que na categoría cadete só competíamos en fútbol sala.
No acto de presentación e como mostra da unión existente, estiveron o presidente das E.D. Lourenzá Pablo Maseda así como o presidente do Mondoñedo C.F. Manuel Barreira.
Ambos equipos debutan xa este vindeiro fin de semana (sábado 9 agosto) en sendos amigables diante do Viveiro C.F. Os cadetes xogarán ás 11:30 mentres que os infantís xogarán ás 19:00 horas (todos en Sta. Cruz).Moita Sorte, Rapaces!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe