O partido comenzou bastante igualado e sen ocasións para ningún dos dous lados pero o Atleti a partir do minuto 10 empezou a aproximarse máis a area blanquiazul.
Asi comezaron a chegar xogadas ben hilvanadas con centros perigosos que solventou a defensa barreirense con algunha que outra dificultade.
Pouco despois un bó centro de Montxo era rematado por Chinco na area pequena para establecer o 0-1.
Antes do descanso Montxo gozou dunha gran ocasión nunha internada pola esquerda que rematou cun disparo forte desde dentro da area que se foi desviado.
No segundo tempo o Iberia impuxose fisicamente posto que puido cambiar a maioría dos integrantes do equipo da primeira metade mentres que o Atleti soamente puido facer 2 cambios e un deles obrigado pola lesión de Pichi.
Así pois o Iberia logrou empatar e despois poñerse por diante en 2 fallos da defensa e portería laurentinas.
A partires do 2-1 o Atleti buscou o empate insistentemente que ben puido chegar nun disparo de Garrafin ó longueiro ou nun tiro cruzado de Chinco dende dentro da area que se foi lamendo o pao despois dun gran control orientado
O Atleti formou de inicio con Manuel, Felipe, Omar, Roi, Martín, Garrafin, Chicho, Fran, Pichi, Montxo e Chinco.
Tamén xogaron Neira, Diego López, Bugui e Noé.