Visualizacións de páxina totais
643495
31 de xul. de 2014
MARTÍN ENTRE A ÉLITE DO "TRAIL-RUNNING"
O noso atleta Martín Pardiñas estará este sabado, 2 de agosto, na saída da carreira de montaña DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude. Esta proba contara tamen con corredores de primeirisimo nivel como Luis Alberto Hernando do equipo oficial Adidas e actual campeón do mundo de Skyrunning en 80km en Chamonix. Toda a sorte para Martín o cal poñera a proba a sua capacidade nesta apasionante proba.

28 de xul. de 2014
"KEDADA" DE ARNAO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DE ADULTOS.
O pasado domingo a sección de adultos de atletismo organizou unha "kedada" na praia de Arnao en Castropol. Unha xornada de deporte e lecer na que se adestrou e se disfrutou da bonita paraxe na que se levou a cabo esta actividade. A sección seguirá a traballar para que siga habendo estas xornadas.
25 de xul. de 2014
Atleti: Un equipo de Primeira. PRESENTACIÓN 2014/2015
Reto: O Retorno a Primeira!!!
No día de onte presentouse o Atleti 2014/2015 en sociedade. Coa aposta como primeiro técnico do equipo de Roberto Ramallal, coa continuidade de toda a plantilla da temporada pasada excepto as baixas de Dani e Isaac, coas incorporacións de Chinco, Manu, Rudvan, Carro e Jorge (todos formados nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá); ademáis dos que proceden de xuvenís Pichi, Diego López e Manu, fan do primeiro equipo das Escolas unha plantilla moi competitiva que seguro fará disfrutar ós socios e aficionados en Sta. Cruz nesta temporada. A plantilla estuvo acompañada onte polo Presidente das Escolas, Pablo Maseda Fernández; así como do secretario técnico do clube Oscar González, o delegado do primeiro equipo José Rodríguez así como dos directivos Moisés Chao, Eduardo Iglesias, Juan López e Nicomedes Otero.
Logo das primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz, degustaron entre todos dunha churrascada!!!
VER AS FOTOS DA PRESENTACIÓN!!!

![]() |
FOTO PRESENTACIÓN ATLETI TEMPORADA 2014 2015 |
23 de xul. de 2014
Mañá comenza no Atleti a nova era "Ramallal". 20,15. Sta. Cruz!!!
Mañá xoves preséntase o novo Atleti para a vindeira temporada. Será ás 20,15 horas en Sta. Cruz. Con Roberto Ramallal como principal novedade na parcela técnica e coa volta do fillo pródigo Chinco ó clube dos seus orixen entre outras novedades, a plantilla terá xa o seu primeiro adestramento nun espectacular coidado terreo de xogo.
![]() |
Marcos celebrando un gol a temporada pasada con Recalde, Lucas e Garra |
21 de xul. de 2014
19 de xul. de 2014
18 de xul. de 2014
14 de xul. de 2014
QUEDADAS DA SECCIÓN DE ATLETISMO.
O pasado xoves a sección de atletismo organizou unha quedada no concello de Foz, cun percorrido precioso e rematando cunha cea entre amigos no Barrilete para repoñer forzas.
Debido as boas sensación, este vernes os integrantes da sección xa estan a traballar para organizar outra quedada en Foz para correr unhos 10km e rematalo con unha merenda o carón do mar. ¿Quen se anima?

9 de xul. de 2014
7 de xul. de 2014
Alta Equipo Cadete Temporada 2014/2015!!!!
Para a vindeira temporada as E.D. Lourenzá Mondoñedo competirán con un novo equipo de fútbol. Será en categoría Cadete. Os adestramentos están previstos que comencen a primeiros do mes de Agosto. Por tanto, se estás interesado en participar neste novo equipo, non dubides en poñerte en contacto con nós no correo escolaslourenza@gmail.com
6 de xul. de 2014
Os mellores embaixadores das Escolas. Alevín 2013/2014 CAMPIÓN (outro título máis) do TORNEO INTERNACIONAL DE LUARCA 2014
Non hai catro sen cinco . O Equipo Alevín adestrado por Michael non se cansa de facer historia e volve a conseguir un novo título que acumula ó ser o Campión Provincial de Fútbol Sala, Campión de Liga de A Mariña, Campión de Copa da Mariña e Campión do Torneo de Fútbol 8 Santiago de Foz.
Nunha final xogada ás 16:00 horas e diante do Racing La Paloma de Madrid, os goles de Manu Río e Andrés (Final 2-1) fixeron posible un novo título para as Escolas Deportivas. Felicitar a xogadores, adestrador, delegada, ós familiares deste grupo de gladiadores que non deixan nunca de animar e, en definitiva a toda a familia das Escolas por este novo título de prestixio. GRANDES!!!

O Alevín e Infantil, na Final do prestixioso Torneo Internacional de Luarca 2014!!!
Os alevíns e infantís están na FINAL. Os primeiros venen de ganar 9-1 mentres que os infantís gañaron tamén a súa semifinal con solvencia 14-0.
Finais:
16,00 horas: ALEVÍN
17,00 horas. INFANTIL
Finais:
16,00 horas: ALEVÍN
17,00 horas. INFANTIL
Os alevíns e infantís xa están en Semifinais. Luarca 2014!!!
DOMINGO 6 DE XULLO.
10:50 para o Alevín e 11:40 para o Infantil. Neses momentos xóganse o pase á final do torneo internacional os equipos das Escolas. Na xornada de onte, os alevíns vencían en cuartos ó Camargo de Santander por 2 goles a 1 (Goles: Andrés e Andrés). Hoxe nas semifinais mídense ó Sporting de Portugal.
Pola súa banda o Infantil busca o billete para a gran final ás 11:40 despois de ganar con autoridade (9-1) ó Freixo no día de onte. Moita sorte, Vamos!!!

5 de xul. de 2014
Os alevíns e infantís clasificados para Cuartos. Luarca 2014
Os alevíns e infantís xa están en cuartos de final no prestixioso Internacional de Luarca. Os alevíns xogan ás 20 horas contra o Camargo de Santander e o Infantil contra Freixo ás 21:40 horas. Ambos son no Pavillón Pedro LLera Losada. Vamos!!!
A Sección de Fútbol Sala disfruta en Luarca 2014!!!
Os equipos das Escolas Deportivas Benxamín, Alevín, Infantil (A e B) e Cadete desprazáronse no día de onte para disputar en terras asturianas o Torneo Internacional de Fútbol Sala Villa de Luarca.
De momento, despois dos resultados de onte, os infantís e os alevíns son os que teñen máis posibilidades de conseguir o billete a cuartos de final. Vamos!!!
![]() |
EQUIPO ALEVÍN CAMPIÓN PROVINCIAL TEMPORADA 2013/2014 |
1 de xul. de 2014
Folgueira brilla na Media Maratón Palas - Melide de 21 kilómetros!!!
Mentres o groso da sección de atletismo participaba o pasado sábado na carreira de Medal,Manuel Folgueira presentabase na media maratón de Palas-Melide (21 kilómetros) realizando unha carreira espectacular acadando a posición 23 da xeral de 700 participantes e sendo o 9º da súa categoría. Grande!!!
137 MANUEL FOLGUEIRA DÍAZ
DISTANCIA 21097 M
RITMO 0:04:09
KM 11 0:42:19
PUESTO SEXO M- 23
PUESTO CATEGORIA PSM- 9 (DE 127)
DISTANCIA 21097 M
RITMO 0:04:09
KM 11 0:42:19
PUESTO SEXO M- 23
PUESTO CATEGORIA PSM- 9 (DE 127)
Roberto Ramallal asume o mando do primeiro equipo!!!
Roberto Ramallal estará a vindeira temporada ó fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica.
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada.
Ademáis o técnico mirará hacia a base para seguir coa filosofía do clube, que non é outra que mimar as categorías infantil, cadete e xuvenil para que logo podan dar o paso ó fronte do primeiro equipo.
En canto ó capítulo de xogadores, en principio cóntase coa renovación de case todos os membros da plantilla e non se descartan altas, e de momento confírmanse as baixas do porteiro Dani Pérez e do central Isaac Fdez que ficha polo Viveiro. Incorporaranse ó primeiro equipo os xuvenís Pichi, Diego López e Adrián Reimonde

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)