No día de hoxe presentouse a XI Edición do Prestixioso Torneo de Basket Feminino Lourenzá en Xogo 2014. Estiveron presentes, entre outros, Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa de Concello de Lourenzá), D. Manuel Otero Méndez (Responsable do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia), D. Pablo Maseda Fdez. (Concelleiro de Deportes do Concello de Lourenzá) e D. Mariano De La Torre Galindo (Adestrador do equipo de Segunda Autonómica) ademáis do protagonismo dos equipos infantil e cadete, un cadete que se acaba de proclamar Campión de Liga Provincial e xogará a partir do 26 de Abril o Ascenso á Liga Galega.