13 de feb. de 2014

Suspendidos adestramentos de mañá venres 14 de Febreiro.

Mañá venres quedan suspendidos os adestramentos de todos os equipos das escolas deportivas, aínda que sí se manteñen todas as actividades deportivas previstas  para o fin de semana.
Disculpade as molestias!!! 
A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ
Alerta meteorolóxica para o día 14 de febreiro
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por fortes rachas de vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este venres 14 de febreiro, agás nos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace webhttp://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe