3 de feb. de 2014

A sección de Atletismo barre o Cto. Comarcal de A Mariña con 5 títulos individuais, 10 pódiums individuais, 5 títulos por equipos e un subcampionato por equipos!!!

5 títulos individuais (Fernando Vallines en Bx. masculino, Ainara Rguez. en Alevín feminino, Alexandre Santiago en Alevín Masculino, Lidia Barreira en Infantil feminino e Aarón Rivas en Cadete masculino) ademáis de 10 pódiums individuais e os CAMPIONATOS POR EQUIPOS nas Categorías Benxamín Feminino, Benxamín Masculino, Alevín Feminino, Alevín Masculino, Cadete Feminino, así como o subcampionato en Infantil Feminino; fai que este Comarcal de campo a través pase a ser o máis laureado dentro da historia da sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo.
Felicitar dende a directiva ós adestradores, delegados, familiares e, como non, a estes increíbles atletas que nos representan todos os fins de semana cunhos resultados espectaculares.
Agora se o tempo llo permite prepararán o cto. provincial do vindeiro domingo día 9 de febreiro.
Noraboa e a seguir así traballando!!!
VER RESULTADOS OFICIAIS DA PROBA
VER TODAS AS FOTOS DA PROBA
SECCIÓN DE CAMPO A TRAVÉS DESPRAZADA ESTE PASADO DOMINGO A VIVEIRO

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe