22 de out. de 2013

Ana, Ainara, Iria e Fernando suben ó podium na Popular do Corgo

Na IV edición da Popular do Corgo disputada este pasado domingo 20 os rapaces das Escolas volveron a ser protagonistas.
Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademáis, Iria Rguez. subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.
Tamén os nosos veteranos estiveron representados por Marcos Rguez. e Marisa Ares. Marcos rematou 9º da xeral con un tempo de 20:20 e Marisa alcanzaba a 5ª posición da categoría feminina.

ACCEDER A FOTOS EN SERVIDOR ESCOLAS
ACCEDER A FOTOS A TRAVÉS DE FACEBOOK

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe