10 de out. de 2013

A armada ALEVÍN no Cto. Galego de O Barco este vindeiro sábado. Vamos!!!

Este vindeiro sábado día 12 de Outubro os equipos alevín masculino e feminino das E.D. Lourenzá Mondoñedo desplazaranse ata o Barco de Valdeorras para participar no Cto. Galego por Equipos. Ademáis dos nosos pupilos, estarán clubs de renome loitando polo pódium e que son: Franciscanos de Lugo, Afflelou Narón, o anfitrión Adas, Vila de Cangas (Vigo) e Club Atletismo Sada.

            Na categoria Alevín Masculino a escuadra estará formada por:
            Xoel Otero: 60 metros lisos.
            Aleix Diaz: 500 metros lisos.
            Adnan Itrih: 1000 metros lisos.
            Imad Itrih: 2 kilómetros marcha.
            Hugo Rguez: Peso.
            Hugo Rguez: Lonxitude
            Xaquín Sánchez: Altura.
Relevos 4 por 60: Xoel Otero, Aleix Diaz, Adnan Itrih, Xaquín Sánchez.

            Na categoria Alevín Feminino a escuadra estará formada por:
            Aroa Sordo: 60 metros lisos.
            Ainara Rguez: 500 metros lisos.
            Ana Vallines: 1000 metros lisos.
            Mencía Martínez-Sierra: 2 kilómetros marcha.
            Mencía Martínez-Sierra: Peso.
            Claudia Graña: Lonxitude.
            Ainoa López: Altura.
Relevos 4 por 60: Ainara Rguez, Ana Vallines, Claudia Graña, Ainoa López.
           
     Parte da expedición viaxará xa o venres a partir das 18,00 horas e o resto da expedición desplazarase o sábado ás 7,00 horas. A pesar de estar os equipos compostos por atletas a maioria de primeiro ano, os deportistas mariñáns intentarán facer un bo papel. 
De esquerda a dereita:
Adnan, Ainara, Xaquín, Imad, Aroa, Claudia, Xoel, Ainoa, Hugo, Ana, Aleix e Mencía

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe