Os infantís que quedaron subcampións de liga e disputaron a previa do ascenso á Liga Galega seguirán adestrados por Brenan Rivas e estará como delegado Juan Otero. Os xuvenís tamén terán continuidade ás ordes de Javi Chinchón e coa figura de David Garrafín como 2º adestrador e preparador físico. Os cadetes seguirán tamén con Ramiro Chao ó fronte.
A principal novedade será que ésta temporada os equipos adestren indistintamente tanto nas instalacións de Sta. Cruz (Lourenzá) como no Viñas da Veiga (Mondoñedo) polo que desta maneira se tratará de manter nas mellores condicións posibles ambos terreos de xogo.