12 de ago. de 2013

Ainara Rguez, suma e segue na Popular dos Villares de Guitiriz!!!

Ainara Rodríguez segue sendo a raíña das carreiras populares en edade alevín. Por "enésima" vez no ano volveu a vencer,  xa que este pasado sábado 10 de Agosto  impúxose como campiona obtendo a medalla de ouro na súa categoría   ganando ademáis a todos os nenos e nenas da súa edade. Ademáis de Ainara, Marcos Rodríguez alcanzou a 23ª posición na categoría sénior masculino sobre unha distancia de 5 kilómetros (20:04) e Marisa Ares rematou na 13ª praza da sénior feminina con un tempo de 27:11.
Esta vindeira semana a sección de atletismo desprázase o vindeiro mércores 14 de agosto a Vegadeo para disputar a Subida a Piantón e o vindeiro domingo 18 de agosto participarán na Carreira Solidaria contra o Cáncer en Figueras (Asturias).

VER TODAS AS FOTOS DE VILLARES ( GUITIRIZ )

Ainara e Iria con Gustavo Platas, vencedor absoluto da proba
Ainara saboreando un novo metal

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe