O comité de competición remitiunos no día de hoxe os acordos tomados despois da suspensión o pasado domingo do encontro que xogaban as nosas rapazas de autonómica diante do Pio XII de Santiago.
RESOLUCIÓN:
"SANCIONAR COA PERDA DO ENCONTRO CO RESULTADO DE 2-0 E DESCONTO DUN PUNTO NA CLASIFICACIÓN XERAL E IMPOÑER UNHA MULTA DE TRESCENTOS EUROS AO EQUIPO C.B. PIO XII FEDESA, POLA NEGATIVA A PARTICIPAR NO ENCONTRO DE FORMA INXUSTIFICADA. ARTIGO 46.A"