29 de nov. de 2012

Marly Varela triunfa en Lugo. Con todos vós... ENTREVISTA



Marly ven de sair dentro do 5 Inicial de Liga Femenina co Maquinaria Durán Ensino o pasado fin de semana diante do Celta de Vigo. Esta rapaza, formada nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá está hoxe con todos vós....
Daquela que comenzabas nas nosas Escolas como cadete a xogar,¿ pensabas algún día que chegarías a xogar En Liga femenina-2?A verdade é que non ainda me acordo daquel dia que ti nos propuxeches a min e mais a andrea ir xogar con vos, pero non che hei  de negar que como moito sempre pensei que xogaría no autonómica de Lourenza, pero bueno agora só espero que esto dure moito tempo.

¿Cómo cambias o chip de xogar no mesmo fin de semana en Liga Feminina e Autonómica? Penso que o mesmo que podo aportar en autónomica tamén o podo facer en liga2 todo é cuestión de entrenar e mellorar. Polo cal os findes que me toca xogar cos dous equipos  simplemente intento facelo o mellor posible tanto en liga f2 como en autonómica.

¿Cantos días adestras á semana? Habitualmente a non ser que o decida o adestrador entreno de luns a venres polas tardes, os mércores e os venres doblo xa que teño tamén que entrenar con autonómica e os martes e xoves ó sair das clases marcho directamente para  o pavillón xa que teño sesión de ximnasio e tiro. A verdade é que hai pouco tempo libre, o cal só se usa para dormir (excepto cando hai exames).

Describe un día típico en Lugo dende que te levantas ata que te vas para a cama.Poño o despertador para as 7.30 da mañá xa que entre que me levanto e non xa son as 7.45. Víístome e desayuno. Ás 8.30 teño que tar na clase ata as 11.30 que temos media hora de descanso e logo xa ata as 15.00 da tarde, dependendo do día se é martes ou xoves xa vou para o ximnasio. E un día normal vou para a casa pasando polas tiendas do centro jeje. Cando chego xa son as 15.30. Fago a comida intentando terminar o antes posible para poder dormir ata as 19.00 que baixo entrenar con liga f2. Ás 22.00 tou de volta na casa, fago a cea e dependendo do día podo estar tirada no sofá, estudiando ou marcho durmir.

Este ano heredaches o número 5 en Autonómica, pesa ese número? )Je,je… pois a verdade é que pesa moitísimo xa que unha das miñas mellores compañeiras no meu paso por lourenzá, Laura Fernández, tivo durante toda a sua etapa deportiva ese número. Polo cal terei que manter este numero por todo o alto en todo momento xa que o aprecio que lle teño a esa persoa é enorme.

Un obxectivo para este ano en Liga Feminina.Pois facelo o mellor posible, intentar xogar máis cómoda e relaxada e empezar a meter as miñas míticas canastas.

Un obxectivo para este ano en Autonômica.Creo que todas na plantilla este ano temos un obxectivo que é chegar á fase de ascenso e levar a este equipo á liga nacional,e, por suposto dar o máximo en cada un dos partidos.

¿Sería un sono ascender ó Lourenzá a Liga Nacional?Sí seria un sono,e non é por antecederme ós feitos pero eu penso que este ano podémolo conseguir xa que temos un equipo moi novo que pode dar moito de si.

¿Qué lle dirías á xente de Lourenzá para que veña abarrotar o pavillón igual que o fai no Lourenzá en Xogo?Que se animen a irnos ver o pavillón a pesar do cedo que xogamos xa que tal vez co seu apoio e o seu ánimo podamos chegar a acadar o noso soño.

Agora que non nos escoita ninguén, Qué tal con Javi??? E con Juan???Bueno pois con javi moi ben xa que me entendo ben con el e apoiame a seguir mellorando, e eso é esencial nun equipo como éste para poderte sentir segura de ti mesma.
E con juan pois qué decir. Él esta ahí nos bos e nos malos momentos, a parte de ser o meu adestrador é coma un pai para min xa que grazas a el  e o meu esforzo podo ser o que son agora. Simplemente darlle as grazas por todo o seu apoio.

¿Hai marcha nocturna en Lugo?
Si. Hai moita marcha a verdade aínda que tal vez este ano fai demasiado frio polo cal eso quítalle as ganas a un de sair da casa pola noite, pero aínda asi hai que disfrutar da vida polo cal a marcha non para, jaja

Citas deportivas.-
1.                 Un xogador rival: María lago e unha xogadora que sempre me encantou a sua maneira de xogar.
2.                 Un compañeiro de equipo: en liga f2, claudia calvelo e en autonómica ainda que xa non están Laura fernadez e Noelia Ónega, para ser un boa xogadora tamén se necesita ter un bo corazon :)
3.                 Un adestrador: Juan Nécega e Pablo Pony
4.                 Un clube: E.D. LOURENZÁ
5.                 Se o clube cho pedira estarías disposto a posar desnuda para un calendario?: Jaja… Eu penso que no
6.                 Unha posición ó final da temporada na liga: autonomica: primeiras e liga f2: terceiras
Qué farías se foras…
§                   Dios?:aumentar as horas para  poder dormir mais
§                   O presidente do teu club?: promover o baloncesto femenino nese magnifico pobo que seguro que virian a apoiarnos mais
§                   Famoso?:viviría coma unha reina e intentaria axudar o maximo posible a cabo verde.
§                   Do sexo oposto?:non pararia de comer xa que non engordaría jaja
§                   Árbitro?dariame coa cabeza na parede antes de cada partido asi polo  menos pitaba cun pouco mais de xeito.
Preguntas personais.-
  ¿Podes contar as túas relacións amorosas serias cunha man?: Si
  ¿Alguen do sexo oposto díxoche últimamente que te extrañou?: Si
  ¿Qué farás o sábado próximo?: De momento xogar con liga f2 contra adba
  ¿A última canción que escoitaches?: djode-prohibido(musica caboverdiana)
  ¿Sabes que fai neste momento a última persoa que te besou?: Si, estudiando
  ¿É fácil facer que te molestes?: A verdade e que é moi dificil
  ¿En qué pensas neste momento?: No exame que terei exactamente dentro de 1 hora e 10 min
  ¿Podrías vivir o resto da túa vida sen beber unha gota de alcohol?:Si
  O que máis che gusta comprar: Roupa e calzado
  ¿A última cousa que comiches?: unha taza de papilla de bebe(8 cereales con miel)
  ¿Imaxina que bebiches 4 vasos de alcohol, que estás facendo agora?: Bailando seguro
  ¿Tes algunha mascota?: No, pero tiven moitos peixes
  ¿A última cousa á que lle tomaches unha fotografía?: A verdade e que non o recordo pero creo que o vestido que me quero comprar en fin de ano jaja
  ¿Se o ano só tivera duas estacións, cales elexirías?: Verán e inverno
  ¿Qué foi o último que soñaches?: A verdade é que non o recordo

Favoritos
§                   Show de TV: la que se avecina
§                   Película: siete almas
§                   Cor: azul
§                   Actor: will smith
§                   Actriz: jessica alba
§                   Sabor de helado: vainilla
§                   Bebida: biofrutas tropical
§                   Comida: albondigas
§                   Número: 9
§                   Animal: o búho
§                   Día da semana: o venres
§                   Obxeto da túa habitación: o meu peluche
§                   Flor: rosa
§                   Nome de home: brais
§                   Nome de muller: jessica
 MOITAS GRACIAS, FIGURA; E MOITA SORTE!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe