No día de hoxe presentouse o equipo xuvenil das E.D. Lourenzá Mondoñedo, na que estivo o presidente das E.D. Lourenzá D. Pablo Maseda e se deron a coñecer os adestradores desta vindeira temporada: David Garrafín e Javi Chinchón.
Continúan no equipo da temporada pasada Pichi, Miguel, Manu, Parga, Reimonde, Bruno, Diego López, Vini, Aadil, Esteban e Iván. Incorpóranse do cadete Jacobo, Hamza, Borja, Huertas e Julio. Son novas altas Alexo, Dani, Michael, Denis, Sergio e David.
A liga estará formada por 11 conxuntos e comenzará a competición o día 7 de outubro.
Moita sorte nesta nova andaina!!!