Lourenzá 1, Iberia 0.
Gol: Javi Chinchón. Minuto 15.
Un gol de Javi Chinchón no minuto 15 da primeira metade deulle a victoria ó equipo de J. Manuel adxudicándose así a XV Edición do Trofeo Conde Santo.
No primeira metade o equipo das escolas estivo moi irregular e impreciso por momentos chegando á portería rival en contadas ocasións. Na segunda metade, os múltiples cambios imprimiron un pouco máis de velocidade ó xogo pero o marcador xa non se movería.
Destacar o partidazo dos dous porteiros das Escolas, Rubén e Bugui; segurísimos durante todo o encontro e ó Iberia, que a pesar de sair esta temporada de novo en Segunda xogou no día de onte coma un equipo de Primeira.
Na entrega de trofeos estivo con nós o novo xefe de deportes da Xunta de Galicia en Lugo Manolo Cadramón, que entregou o trofeo ó noso capitán Iván Recalde.