3 de mar. de 2012

O dúas veces campión do mundo con España en fútbol sala Julio García Mera en Sta. Cruz.

No día de onte Julio García Mera estivo en Lourenzá para visitar ós seus amigos do equipo alevín Luís, Manuel e Paulo. Julio foi 115 veces internacional con España, gañando 3 copas de Europa e 2 títulos mundiais. Actualmente é  o director deportivo do Inter Movistar de División de Honra.
Julio disfrutou xogando cos rapaces de fútbol alevín e infantil. Tamén estiveron presentes D. Vidal Martínez-Sierra (Alcalde do Concello) e D. Pablo Maseda (Presidente das Escolas) os cales lle entregaron un detalle en agradecemento da súa visita.
Añadidas máis fotos da visita de Julio:
Quedan almacenadas na sección de "Fotos" (debaixo de Fabito) en Fotos temporada 2011 2012 
(Páxina 7 do álbum)

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe