14 de mar. de 2012

Luchi comprométese co equipo de fútbol de 1ª AUTONÓMICA.

Luchi, que no día de onte xa adestrou baixo as ordes de J.Manuel en Sta. Cruz é dende o día de hoxe novo xogador do 1º equipo das E.D. Lourenzá. Procede do Xove Lago, ten 27 anos mide 1,90 e ocupa a demarcación de central. Luchi é un vello coñecido de J. Manuel, pois defendeu con él dúas temporadas ó Xove Lago no seu ascenso a Preferente. Estará con nós ata que remate a temporada.

Luchi reforza así a demarcación de central, posición na que como ben sabedes Omar estará 3 meses de baixa por sanción federativa despois de que o colexiado Sr. Pablo Polo falseara a acta arbitral. 
              Luchi onte con J.Manuel e Pablo Maseda no día do seu primeiro adestramento.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe