A pesar de que o noso equipo está composto maioritariamente por nenas de 1ºano e o C.B. Ribadeo todo por nenos de último ano, ocurríu o seguinte:
- O adestrador do equipo rival mostrou unha actitude nada educativa cando gana de máis de 50 puntos e non nos deixa nin sacar de fondo.
- O adestrador e público rival aplauden as faltas que se producen diante das nosas xogadoras.
- O adestrador e público rival celebran fóra de lugar as canastas cando nos ganan por máis de 50 puntos.
- Cada xogada do noso equipo é abucheada polo rival cando a diferencia é máis que notable no marcador.
Soportadas todas estas inxurias e ofensas por parte do rival, e visto que a deportividade e o componente educativo deixa moito que desexar cando se está a xogar con nen@s de 7/8 anos, ACORDAMOS:
- Denunciar diante do comité de competición que o equipo C.B. Ribadeo xogou con tan só 7 xogadores.
(En acta fan falta un mínimo de 8 para poder disputar un encontro) e que xogador@s que estaban no banquillo non xogaran o encontro ( tod@s deben de participar no mesmo)