Derrota pola mínima no día de onte dun equipo que xogou con dous onces case completamente distintos na primeira e segunda parte.
Na primeira metade o equipo tivo o control do partido en todo momento e dispuxo de tres clarísimas ocasións para marcar por unha do Foz que atallou de forma espectacular o meta Xoel.
Na segunda metade do encontro nivelaronse as forzas pero aínda así o cuadro de J. Manuel anotou un gol anulado por un moi riguroso fóra de xogo.
Descanso:0-0.
No día de hoxe venres visitaremos ós veciños de Mondoñedo, nun partido amigable que se xogará a partir das 20.30 horas.