Onte martes foi o día do futuro do fútbol de Lourenzá. Presentáronse oficialmente os xogadores en edade infantil e xuvenil, e coñeceron tamén os que serán os seus adestradores e delegados para a presente campaña; así como os horarios de adestramentos.
Brenan Rivas será o encargado de dirixir a plantilla infantil, axudado polos delegados Ramiro Chao e Moisés López.
Rubén G. Piñeiroa retoma o mando dos xuvenís e terá como delegados a Juan Carlos Terrón, Miguel Gavín e como axudante a Marcos Fernández